Hola peques, como ya hemos comentado en clase, hay un concurso de fotografía en el que a los ganadores se les entregarán unos premios. Es muy fácil participar y para que lo comprobéis os dejo el mensaje que desde la web está puesto.
" O Colexio Jorge Juan de Perlío organiza un concurso de fotografía para tódolos alumnos e alumnas dos niveis educativos de: Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria.
A temática será sobre o Outono. (paisaxes, froitos, climatoloxía,…). Estableceranse tres categorías:
- Educación Infantil.
- Educación Primaria.
- Educación Secundaria.
Os nenos e nenas que queiran participar enviarán unha foto ao seguinte enderezo de correo electrónico concursos.jorge.juan@mundo-r.com. No correo enviarán o seu nome e apelidos e o curso no que está matriculado, axuntando a fotografía coa cal participa co seu título. Cada alumno ou alumna só poderá presentar unha única fotografía.
Todas as fotografías serán publicadas na nosa páxina web. Aquelas fotografías que sexan seleccionadas formarán parte dunha exposición que se realizará no Centro (terase en conta a calidade das fotografías para unha posterior impresión); e as dúas mellores de cada categoría serán premiadas.
O xurado que escollerá ditas fotografías estará formado por representantes do colexio, do ANPA e dos alumnos.
O prazo de presentación das fotografías rematará o 26 de novembro do 2015.
Tras a decisión do xurado, os gañadores ou gañadoras serán publicados na páxina web do colexio.
Os premios de dito concurso serán entregados ao longo do festival de Nadal que se realiza a finais do primeiro trimestre."
¿Os animais a participar? No cuesta nada y podemos pasar alguna tarde otoñal divertida haciendo fotografías, y después escogéis la mas bonita. No lo dudeis y ¡a participar!